“CONVERSA CON CHRISTIAN VILLAMIDE” presentado por la escritora Ánxela Gracián. Estos encuentros se realizan en A DESPENSA DO SAA y son organizados por el escritor Manuel Vázquez con la colaboración de Xosé Manuel Saa Vazquez.
Villamide realizará la charla entorno al territorio incómodo y el territorio acomodado
3 de mayo de 2025
A Despensa de Saa
Sábado3 de maio
De Conversa con Christian Villamide
TERRITORIO INCOMODO / TERRITORIO ACOMODADO
Presentado por Ánxela Gracián
A obra de Christian Villamide (Lugo, 1966) sempre é unha chamada á reflexión, unha vindicación para espertar a emoción ante a barbarie, na procura dunha volta á contemplación, á valoración da natureza e da contorna, á convivencia dende o respecto. Dende a memoria dos materiais e a pegada do tempo sobre estes, o artista constrúe pequenos artefactos que nos interpelan, que nos remiten a novas realidades posibles, que nos fan reflexionar sobre o modo en que habitamos o territorio. Paisaxes de-construídas ou (re)construídas se alzan ante nós, a partir de materiais atopados, refugallos industriais ou retallos orgánicos, desvelando novos relatos a través de pequenos simulacros, experiencias estéticas, que xogan entre a linguaxe, o concepto e a evocación. ¿Pode unha sombra debuxar unha montaña? ¿É posible atisvar novos horizontes ensamblando coidadosamente anacos de madeira, pedra e cemento? ¿Pode emerxer a vida, encofrada entre lindes de formigón e asfalto?
No hay comentarios:
Publicar un comentario